Ir ao contido
Vigo, a súa área e toda a provincia de Pontevedra 614 85 95 15

Aniversarios

Xogos para un aniversario na casa, aínda que sexa un piso

Ana, mestra de Educación Infantil5 min de lectura

Celebrar na casa ten moitas vantaxes: é o seu sitio, non hai présa por deixar o local e sae máis a conta. Nun piso, iso si, hai que pensar ben o espazo e os xogos. Isto é o que mellor funciona.

Antes de que cheguen

  • Retira o que se poida romper e o que non queiras ver con chocolate.
  • Separa dúas zonas: unha para xogar, despexada, e outra para a merenda.
  • Pecha as habitacións onde non se xoga. Así ninguén se perde.
  • Avisa aos veciños. Un aviso a tempo evita malas caras.

Xogos sen carreiras

  • Estatuas musicais: bailan e, cando para a música, ninguén se move.
  • Adiviña o debuxo por equipos, nun encerado ou en folios grandes.
  • O teléfono escangallado, que con nenos de 6 a 9 anos dá risa garantida.
  • Busca do tesouro con pistas polas zonas permitidas.
  • Contacontos cos convidados como personaxes.
  • Un obradoiro tranquilo para o final: decorar unha galleta, unha coroa ou unha tarxeta.

Truco de mestra: alterna un xogo movido cun sentado. O salón aguanta mellor e os nenos chegan á torta sen estar desbordados.

Cantos nenos caben?

Depende do salón, pero pensa en que todos poidan sentar no chan en corro sen estar apertados. Se non caben así, son demasiados para xogar dentro: mellor reducir a lista ou buscar un parque ou un local.

Canto debe durar?

Entre hora e media e dúas horas, merenda incluída. Máis tempo nun espazo pequeno adoita acabar en cansazo e algunha bágoa.

Se buscas máis ideas por idades, tes a nosa guía de ideas para un aniversario segundo a idade. E se prefires que vaiamos nós, adaptamos a animación infantil a domicilio ao espazo que teñas.

A

Escríbeo AnaMestra de Educación Infantil e monitora de lecer e tempo libre. Anima festas en Vigo e arredores dende 2016.

Axudámosche a organizalo?

Cóntanos que celebrades e propoñémosche como facelo.

WhatsApp Crea a túa troula