Ir ao contido
Vigo, a súa área e toda a provincia de Pontevedra 614 85 95 15

Animacións infantíspensadas para a súa idade.

Non é poñer música e agardar a que pase a tarde. É unha mestra de Infantil lendo o grupo: cando subir a enerxía, cando baixala e como conseguir que o tímido acabe xogando. En Vigo e arredores.

Dirixida por unha mestraGalego ou castelánPlan B se chove

Ilustración: Xogo infantil cun paracaídas de cores

De 3 a 13 anos

Na casa ou en local

Por idades

O que funciona aos 4
non funciona aos 11.

Por iso che preguntamos as idades reais antes de preparar nada.

3 a 5 anos

Xogo guiado e moito movemento

Nesta idade mandan as cancións con xestos e os xogos curtos. Cambiamos de actividade antes de que se aburran.

  • Paracaídas de cores e pompas
  • Contos con movemento
  • Bailes sinxelos con coreografía
6 a 9 anos

Retos por equipos

Xa queren gañar. Ximcanas, pistas e buscas do tesouro cunha historia que os mete dentro.

  • Ximcanas temáticas
  • Busca do tesouro
  • Xogos de pistas e misterio
10 a 13 anos

Nada que soe a festa de pequenos

Se cheira a animación de cativos, descólganse. Formulamos retos, probas con marcador e xogos de enxeño.

  • Probas de habilidade e marcador
  • Escape room de peto
  • Karaoke e retos musicais
Idades mesturadas

Os maiores axudan aos pequenos

O máis habitual en vodas e comuñóns. Roldas comúns e xogos con papeis para que cada un teña o seu sitio.

  • Equipos mixtos con capitáns
  • Xogos por quendas de idade
  • Un final que os xunta a todos

Como é unha tarde connosco

Unha animación ten
principio, nó e final.

  1. 1

    Chegamos antes

    Montamos o material antes de que cheguen os convidados.

  2. 2

    Rompemos o xeo

    Un xogo de benvida para que se coñezan e ninguén quede mirando.

  3. 3

    Os xogos grandes

    A parte con máis enerxía: retos, ximcana ou busca do tesouro.

  4. 4

    O rato tranquilo

    Pintacaras, globoflexia ou un conto, para baixar revolucións antes da torta.

  5. 5

    O gran final

    Baile, canción do aniversario ou un peche con todos xuntos.

  6. 6

    Recollemos

    E marchamos deixando o espazo como estaba.

Querédelo en galego? Perfecto. Animamos en galego, en castelán ou mesturando, como se fale na casa.

Preguntas frecuentes

O que nos preguntades
antes de reservar.

Quédache algunha dúbida? Pregúntanos sen medo, que para iso estamos.

Preguntar
Canto dura unha animación infantil?

A que máis nos pedides en aniversarios é de dúas horas, pero axústase á túa celebración. En vodas e comuñóns adoitamos cubrir a sobremesa enteira.

Cantos nenos pode haber?

Depende da idade. Traballamos con ratios: canto máis pequenos, menos nenos por persoa. Se o grupo é grande, vai máis xente do equipo para que ninguén quede sen atender.

Fai falta moito espazo?

Cun salón despexado chega para os máis pequenos. Para ximcanas e xogos de correr, mellor un xardín, unha terraza ou un local. Dinos que espazo tes e adaptamos os xogos.

Pódese combinar con pintacaras ou globoflexia?

Si, e é o que mellor funciona: o pintacaras ou os globos encaixan no rato tranquilo, antes da torta, e baixan as revolucións sen aburrir.

Que temos que preparar nós?

Nada especial: o espazo libre e, se queredes música, un enchufe preto. O material levámolo nós.

Onde traballamos

Animacións infantís en Vigo
e arredores.

Imos á túa casa, ao local, á finca ou ao restaurante. Estas son as zonas onde máis nos movemos:

Tamén imos a Gondomar, Tui, Ponteareas, Salceda de Caselas, Soutomaior, Vilaboa, Bueu, Marín, Poio, O Grove e a calquera concello da provincia de Pontevedra. Mira se está o teu

Cantos anos cumpre?

Dinos a idade, cantos veñen e onde o celebrades. Mandámosche unha proposta feita para ese grupo.

WhatsApp Crea a túa troula