Falamos antes
Cantos nenos veñen, de que idades e como é o día. Con iso dicímosche canta xente do equipo fai falta.
Un espazo para os nenos na túa voda, bautizo ou comuñón, con xogos, pintacaras e globoflexia, e alguén do noso equipo á fronte. Os maiores gozan do día e os cativos tamén.
Vodas, bautizos e comuñónsEn castelán ou en galego

Nenos atendidos
Adultos tranquilos
Como funciona
Unha celebración con nenos pode ser a máis divertida ou a máis esgotadora. A diferenza está en que teñan un plan pensado para eles.
Cantos nenos veñen, de que idades e como é o día. Con iso dicímosche canta xente do equipo fai falta.
Coordinámonos co restaurante ou a finca para montar o recuncho infantil preto e á vista das familias.
Os maiores, retos e xogos de grupo. Os pequenos, actividades tranquilas. Ninguén queda sen o seu momento.
Saben onde están os seus fillos e con quen. Poden comer, conversar e bailar sen estar pendentes.
Que facemos dentro
Adaptado á idade dos nenos e ao ritmo do día.
Que non manchen a roupa de festa nin molesten ao resto de convidados.
Con paracaídas, retos e xogos para que curmáns que non se coñecen acaben sendo un equipo.
Deseños pequenos e elegantes, con pintura cosmética que marcha con auga.
Flores, coroas e corazóns que ademais quedan moi ben nas fotos.
Un pirata, unha bruxa ou un unicornio para meterse na historia do xogo.
Cando empeza a música, levámolos á pista cos maiores.
Para os maiores do grupo, que tamén queren o seu desafío.
Na comuñón, o protagonista ten o seu sitio especial dentro do xogo.
Para que celebracións
Do banquete ao baile: a sobremesa é o momento no que os nenos máis o precisan.
O protagonista goza cos seus amigos e cos seus curmáns mentres a familia celebra.
Para os irmáns e curmáns do bebé, que tamén queren a súa festa.
Combínase con
Xogos, retos e risas pensados para a súa idade, dirixidos por unha mestra de Infantil.
VerBolboretas, tigres e superheroes nun par de minutos, con pintura que marcha con auga.
VerPara a barriga que agarda un bebé e para as barriguiñas que non paran quietas.
VerCanciños, espadas e coroas que nacen dun globo diante dos seus ollos.
VerVodas, festas, empresas ou unha holy run: alguén que ergue o público da cadeira.
VerPreguntas frecuentes
Quédache algunha dúbida? Pregúntanos sen medo, que para iso estamos.
PreguntarUn espazo para os nenos dentro do restaurante ou a finca, con alguén do equipo que organiza xogos e actividades para eles mentres os adultos gozan da celebración.
Depende de cantos nenos haxa e das súas idades: canto máis pequenos, menos nenos por persoa. Co número e as idades dicímoscho na proposta.
O ideal é un recuncho propio, preto e á vista das familias. Falámolo co restaurante ou a finca antes do día.
Si. Diríxeo Ana, mestra de Educación Infantil e monitora de lecer e tempo libre, que traballa en animación desde 2016.
Onde traballamos
Imos ao restaurante, á finca ou á casa onde o celebredes. Estas son as zonas onde máis nos movemos:
Tamén imos a Gondomar, Tui, Ponteareas, Salceda de Caselas, Soutomaior, Vilaboa, Bueu, Marín, Poio, O Grove e a calquera concello da provincia de Pontevedra. Mira se está o teu
Cóntanos a data, o sitio e cantos nenos veñen e de que idades. Mandámosche a proposta.
Paréceche ben?
Usamos cookies propias para que a web funcione e, só se nos deixas, cookies de medición e de publicidade de Google para saber que funciona e amosar os nosos anuncios a quen lle interesan. Máis información