Ir ao contido
Vigo, a súa área e toda a provincia de Pontevedra 614 85 95 15

Dinamizadora de eventosque ergue a xente.

Vodas, aniversarios de adultos, festas de empresa, festas populares ou unha holy run en Vigo e arredores. Alguén que presenta, leva o ritmo e consegue que todo o mundo se anime.

Nenos e adultosMantén o horario

Ilustración: Unha dinamizadora presentando un evento ao aire libre

Micro na man

Grupos grandes

Que fai

O evento ten
alguén ao mando.

Unha dinamizadora non é unha animadora con micrófono. É quen pensa o evento como un todo e se asegura de que a xente participa, ri e volve á casa contándoo.

01

Presenta e conduce

Dá paso a cada momento, anuncia, agradece e mantén a todo o mundo atento.

02

Xogos para todos

Concursos, ximcanas de adultos e xogos que non poñen en ridículo a ninguén.

03

Quenta o público

Quecemento antes da saída, berros na meta e lanzamentos de cor á vez.

04

Coordina o horario

Fala co DJ, o fotógrafo ou o restaurante para que cada cousa chegue á súa hora.

Onde a precisas

Da voda
á holy run.

Vodas

Xogos para os convidados, o momento dos nenos e a entrada ao baile. Que a festa non caia despois da sobremesa.

Holy run e carreiras de cores

Quecemento con música, animación en saída e meta e os lanzamentos de cor coordinados.

Festas de empresa

Ceas de Nadal, xornadas familiares e actividades de equipo que a xente quere repetir.

Festas populares e de barrio

San Xoán, magosto, entroido ou a festa da parroquia, con xogos para pequenos e maiores.

Aniversarios de adultos

Os 40, os 50 ou unha despedida: retos, karaoke con xurado e piques sans.

Colexios e ANPAs

Festas de fin de curso con centos de familias, organizadas por zonas e quendas.

Preguntas frecuentes

O que nos preguntades
antes de reservar.

Quédache algunha dúbida? Pregúntanos sen medo, que para iso estamos.

Preguntar
Que diferenza hai entre animadora e dinamizadora?

A animadora infantil xoga cos nenos. A dinamizadora leva o evento enteiro: presenta, fai participar a adultos e nenos e mantén o ritmo e o horario.

Levades equipo de son?

Se o evento xa ten son, coordinámonos con el. Se non o ten, dínolo ao pedir a proposta e vemos a mellor opción para o teu espazo.

Traballades en eventos grandes?

Si. Segundo o tamaño imos máis persoas do equipo e organizamos o espazo por zonas para que ninguén quede fóra.

Podedes presentar en galego?

Si. En galego, en castelán ou nos dous, segundo o público e o que prefira a organización.

Onde traballamos

Dinamizadora de eventos en Vigo
e arredores.

Imos á túa casa, ao local, á finca ou ao restaurante. Estas son as zonas onde máis nos movemos:

Tamén imos a Gondomar, Tui, Ponteareas, Salceda de Caselas, Soutomaior, Vilaboa, Bueu, Marín, Poio, O Grove e a calquera concello da provincia de Pontevedra. Mira se está o teu

Que evento tes entre mans?

Cóntanos que é, canta xente vén e que esperas dese día. Propoñémosche como dinamizalo.

WhatsApp Crea a túa troula