Política de privacidade
Última actualización: 12 de outubro de 2026
Quen trata os teus datos
Ana García Otero, con NIF 77462631B, domicilio en Travesía de Vigo, 94, Vigo (Pontevedra) e correo contacto@todonenos.com, en diante TodoNenos.
Que datos tratamos e para que
| Cando | Para que | Base legal | Canto tempo |
|---|---|---|---|
| Pídesnos orzamento (formulario ou WhatsApp) | Responderche e prepararche a proposta | Medidas precontractuais por petición túa (art. 6.1.b RGPD) | Se non contratas, un ano como máximo |
| Contratas un servizo | Organizar o evento, facturar e cumprir obrigas legais | Execución do contrato e obriga legal (art. 6.1.b e 6.1.c RGPD) | O que esixa a normativa fiscal e mercantil |
| Enches a ficha da festa | Preparar a actividade de forma segura. Pode incluír alerxias ou necesidades específicas | Execución do contrato e o teu consentimento explícito para os datos de saúde (art. 9.2.a RGPD) | 7 días tras o evento; sen data, 90 días dende o envío. Require activar o borrado automático |
| Envíasnos a túa candidatura | Valorala e avisarte cando haxa un posto que encaixe | O teu consentimento (art. 6.1.a RGPD) | Un ano |
| Aceptas cookies de medición ou publicidade | Medir visitas e a eficacia dos nosos anuncios | O teu consentimento (art. 6.1.a RGPD) | Ver a política de cookies |
Os datos dos nenos e nenas que aparecen na ficha da festa facilítaos a súa nai, pai ou titor, que é quen dá o consentimento.
Con quen se comparten
Non vendemos nin cedemos os teus datos. Para funcionar usamos provedores que os tratan por conta nosa e con contrato: Hostinger (aloxamento da web), Google (correo, follas de cálculo e almacenamento dos formularios) e, se nos escribes por WhatsApp, Meta. Algúns deles poden tratar datos fóra do Espazo Económico Europeo coas garantías que esixe o RGPD, como o Marco de Privacidade de Datos UE-EE. UU. ou as cláusulas contractuais tipo da Comisión Europea.
Os teus dereitos
Podes pedir acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade dos teus datos, e retirar o teu consentimento cando queiras, escribindo a contacto@todonenos.com ou por WhatsApp ao 614 85 95 15. Se cres que non atendemos ben a túa petición, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).