Vodas
Nenos na voda: como conseguir que gocen eles e vós
Unha voda con nenos pode ser a máis divertida ou a máis esgotadora. A diferenza case nunca está nos nenos, senón en se teñen un plan pensado para eles.
O momento crítico: a sobremesa
A cerimonia é curta e o banquete entreténos un rato. O problema chega despois: cafés, discursos, a torta e a espera ata o baile. Son horas nas que os adultos están a gusto e os nenos, aburridos.
Un recuncho infantil á vista
O que mellor funciona é un espazo para eles, preto e á vista das familias, con alguén que o dirixa: unha ludoteca para a voda. Non fai falta moito:
- Xogos tranquilos que non manchen a roupa de festa.
- Pintacaras con deseños pequenos e elegantes.
- Globoflexia: flores, coroas e corazóns que ademais quedan ben nas fotos.
- Un momento de baile cando empeza a música.
Que falar co restaurante
- Onde pode ir o recuncho infantil e se hai xardín ou zona exterior.
- A que hora serven o menú infantil: se comen antes, empezan antes a xogar.
- Se hai enchufe preto, por se queredes música.
Cantas persoas fan falta?
Depende de cantos nenos veñan e das súas idades. Canto máis pequenos, menos nenos por persoa. Co número e as idades dicímosche canta xente do equipo fai falta para que ninguén quede sen atender.
E para os maiores, unha dinamizadora
Se queredes que a festa non decaia despois da sobremesa, unha dinamizadora de eventos presenta os momentos importantes, organiza xogos para os convidados e abre o baile. E para os nenos, unha animación infantil.
Escríbeo AnaMestra de Educación Infantil e monitora de lecer e tempo libre. Anima festas en Vigo e arredores dende 2016.